Fallados os premios de fotografía da Romaría Raigame 2012

raigameA moza ourensá Salomé Garrido foi a gañadora do concurso á mellor serie fotográfica sobre a Romaría Etnográfica Raigame por unha colección de imaxes presentadas baixo o título “As mans que tecen”, mentres que no apartado dedicado á mellor fotografía única, o gañador foi o fotógrafo e animador cultural  valdeorrés, Víctor Nieves. Os premios están dotados, respectivamente, cunhas contías económicas de 600 e 300 euros e serán entregados con motivo da inauguración da exposición fotográfica que tradicionalmente se presenta en Celanova e en Ourense dentro do marco do Outono Fotográfico.

Cabe destacar o importante número de participantes, xa que nesta ocasión achegáronse ó medio cento de profesionais e afeccionados á fotografía, non só da provincia de Ourense, senón doutros moitos lugares de Galicia e incluso de Asturias, tal como refrendan as procedencias doutros premiados, así como as de aqueles ós que lles foron concedidos accesits ou mencións especiais que lles darán dereito á publicación dos seus traballos na Revista Raigame que edita o Centro da Cultura Popular “Xaquín Lorenzo”, así como a formar parte do corpus central da exposición fotográfica “Estampas dunha Romaría” enmarcada no programa do Outono Fotográfico.

En Celanova, o 13 de setembro de 2012 constituiuse o xurado formado por Xosé Lois Vázquez “Che”, José Paz e Antonio Piñeiro, que actuou de secretario, para analizar os traballos presentados ao concurso de Fotografía convocado pola organización da “XI Romaría etnográfica Raigame” celebrada en Vilanova dos Infantes o pasado 17 de Maio, día das letras galegas, resolvendo o seguinte:

CONCURSO MELLOR SERIE FOTOGRÁFICA

Premio de 600 €:

Ao traballo presentado co título “As mans que tecen”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Salomé Garrido Fernández, domiciliada en Seixalvo (Ourense).

Pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosada nas súas propostas, acordouse conceder tres mencións especiais ás series seguintes:

Á serie titulada “Candela busca un cesto”, da autoria de María Álvarez Pérez, domiciliada en Ourense.

Á serie titulada “Música e fume”, da autoria de Silverio Fernández Fernández, domiciliado en Ourense.

CONCURSO MELLOR FOTOGRAFÍA

Primeiro premio de 300 €:

Ao traballo presentado co título “Raigame da mentira”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Víctor Nieves, con domicilio no Barco de Valdeorras (Ourense).

Segundo premio de 250 €:

Ao traballo presentado co título “De fiesta”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Lorenzo Secades Alonso, domiciliado en Oviedo.

Terceiro premio de 200 €:

Ao traballo presentado co título “A raiola dun trago”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de José Izquierdo León, domiciliado en Burela (Lugo).

O xurado acordou conceder accesits a:

Fotografía: “Acuarela 1” de Miriam Amaro Lois, domiciliada no Carballiño.

Fotografía: “Subela” de Aníbal Cid Babarro, domiciliado en Ourense.

Fotografía: “Tecendo e urdindo” de Elena Cerviño Fermín, domiciliada en Cuntis (Pontevedra).

Fotografía: “Zoqueiro aos teus zocos” de Sofía Domínguez Brito, domiciliada en Ourense.

Fotografía: “Paixón polo oficio” de Andrés Hervella Vázquez, domiciliado en Ourense.

Fotografía: “Cestas” de Sonia Iglesias Rodríguez, domiciliada en Ourense

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova