Aberto prazo de inscrición para a participación na Romaría etnográfica Raigame no presente 2013

Dende o pasado 25 de febreiro e ata o día 31 de marzo, está aberto o prazo de inscrición para a participación na XIII edición da Romaría Etnográfica Raigame que ten lugar todos os anos o día das letras galegas. As alternativas para inscribirse son:

  • Encher o formulario na  propia web de Raigame: www.romariaraigame.es
  • Descargar o formulario en formato PDF, enchelo e entregalo en man nas oficinas do Concello de Celanova
  • Personarse nas oficinas do Concello de Celanova e facer in situ todo o trámite, coa axuda e asesoramento do persoal a cargo
 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova