Concurso de fotografía para a XIII Romaría Etnográfica Raigame 2014

2013 3 premioUn ano máis co motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame, organizada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Celanova haberá a posibilidade de participar no concurso de fotografía, cuxas bases están no documento achegado a esta nova. Os temas abordados no concurso deberán recoller aspectos da xornada de celebración da Romaría Raigame e haberá dúas modalidades de participación:

  • á mellor serie fotográfica
  • á mellor fotografía

Existe unha dotación de premios que oscilan entre os 200 e os 500 € e a data límite de presentación das fotografías será o vindeiro 31 de xullo de 2014.

Bases de participación .

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova