Exposición das fotografías gañadoras da XIII edición do Concurso de Fotografía da Romaría Etnográfic

CARTEL EXPOSICION 2014bO día 1 de novembro ás 12.00 horas inaugúrase a exposición dos premios do concurso de fotografía da XIII edición da Romaría Etnográfica Raigame no Concello de Celanova.

A exposición destas fotografías permanecerá aberta en horario de oficina durante todo o mes de novembro nos baixos da Casa do Concello de Celanova

Para ver as fotografías premiadas e mailas series preme na seguinte ligazón.

O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense queren dar a coñecer os gañadores do Concurso de fotografía que anualmente convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame.

Vistos os traballos presentados ao concurso fotográfico da XIII Romaría Etnográfica Raigame do 17 de maio de 2014, o xurado formado por Xulio Fernández Senra, Fco. Xavier Álvarez Campos, Xosé Lois Vázquez “Che” e Antonio Piñeiro, que actuou de secretario, reunido o 5 de setembro de 2014 en Celanova decidiu conceder os seguintes premios:

  • Premio á mellor serie fotográfica (500€) ao traballo titulado O home das fotos de Manuel Blanco Guerra, do Carballiño-Ourense.
  • 1º Premio á mellor fotografía (300€) ao traballo titulado Paraugas de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo-Pontevedra.
  • 2º Premio á mellor fotografía (250€) ao traballo titulado Zocos de Ana Iglesias , de Ourense.
  • 3º Premio á mellor fotografía (200€) ao traballo titulado Lembranzas de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.

2014 MF 1 J Angel Paz PARAUGASAdemais disto, o xurado acordou conceder mencións especiais e accesits, pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas (consistentes na selección para a exposición Estampas dunha romaría dentro da programación do Outono Fotográfico) aos traballos de:

  • Luis Alberto Prieto Arias de Ourense, pola súa serie Grazas cesteiro
  • Manuel Pazos Vázquez de Mar ín-Pontevedra, pola súa serie Cantar Cantarei
  • José Ángel Paz Gil de Cangas do Morrazo-Pontevdra, pola súa serie Xeracións, a alma dun pobo
  • Ana Iglesias de Ourense, pola fotografía Fiandeiras
  • Breogán Rodríguez Ramos de Xinzo-Ourense, pola fotografía Maneira de vivir
  • Luis Alberto Prieto Arias de Ourense, pola fotografía Sen título
  • Isabel Janeiro Touriño do Carballiño-Ourense, pola fotografía Zoca
  • Noelia Pilar Álvarez Padrón do Carballiño-Ourense, pola fotografía Fotografía nas mans da experiencia
  • José Manuel Nóvoa Blanco de Ourense, pola fotografía Enmarcado no traballo
  • Manuel Blanco Guerra do Carballiño-Ourense, pola fotografía O home orquestra
  • Mª Ascensión Rodríguez Nóvoa do Carballiño-Ourense, pola fotografía A tía e a súa irmá

 A exposición estará aberta ao público do 1 ao 30 de Novembro no concello de Celanova e do 1 ao 31 de Decembro no CCP Xaquín Lorenzo de Ourense.

 

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova