Intervención do Alcalde de Celanova sobre a homenaxe a D. Adolfo Enríquez o día 17 de maio de 2015

2015torrevilanovaAgradecemento a todos por asistir a esta rolda de prensa a unha hora pouco habitual e bastante incómoda para a vosa programación diaria..

  • Por encima de todo, queremos deixar ben claro que a Romaría Etnográfica Raigame vai continuar a súa andaina no futuro, se cabe e no que a nós respecte con moita máis forza aínda, conscientes do valor que o propio don Adolfo lle daba á súa celebración.
  • Tendo isto moi claro tanto as dúas institucións que amparamos a súa celebración, como o propio pobo de Vilanova, así como tódolos axentes implicados na mesma, e tendo en conta distintos factores que entre todos estivemos valorando nos últimos e  tan dolorosos días, decidimos que este ano estabamos na obriga moral de transformar a XIV edición da Romaría Etnográfica de Raigame nunha xornada de homenaxe dual á figura de don Adolfo Enríquez Méndez, así como á Virxe do Cristal, afastando esta homenaxe de calquera implicación festiva por entender que non está no ánimo do pobo de Vilanova, nin no noso propio ánimo, a celebración dunha festa con este luctuoso suceso tan preto no tempo.
  • A decisión de transformar esa xornada de festa nunha xornada de duelo e homenaxe a Don Adolfo e á Virxe do Cristal responde, polo tanto, ós ánimos maioritarios do propio pobo de Vilanova dos Infantes, que tardará en repoñerse do golpe anímico que recibiu o pasado mércores cando todos soubemos da tráxica morte de don Adolfo.
  • Como acabo de indicar, esta decisión está amparada, loxicamente, na cercanía temporal que temos hoxe coa celebración da Romería (posto que faltan menos de dous meses para súa celebración), así como nos momentos de incerteza polos que estamos pasando nestes intres, no que, polo de agora, todo son preguntas sen respostas e incógnitas que non sabemos qué é o que nos poden deparar no futuro inmediato, tanto respecto da resolución do caso, como da aparición ou non da Virxe do Cristal.
  • Os pormenores da homenaxe darémolos a coñecer nos próximos días e aínda que nós xa temos algunhas propostas iniciais nas que podermos comezar a traballar, queremos que, coa vosa colaboración, todos aqueles que algunha vez asistiron ou tiveron algún protagonismo nas 13 edicións anteriores de Raigame, así como todos aqueles colectivos ou centros escolares que tiveron a sorte de coñecer a pequeniña imaxe de cristal gracias ás explicacións de don Adolfo, poidan participar activamente, ben coa súa presenza, ben dende a distancia, nesa homenaxe que terá lugar o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes.
  • Polo de pronto, na presentación da edición anterior de Raigame eu anunciei que estaba na nosa intención dedicar unha planta da Torre da Homenaxe de Vilanova á Virxe do Cristal cunha exposición permanente sobre a virxe e tódolos seus pormenores, relixiosos, históricos, culturais e mesmo científicos. Proxecto no que centraremos o noso traballo para tratar de que o próximo día 17 de maio poida ser visitado por todas aquelas persoas que decidan asistir á homenaxe.
  • Así mesmo tamén é a nosa intención cambiar a denominación do premio “Xan de Barros”, que tódolos anos entregamos con motivo da Romaría, polo de “Premio Adolfo Enríquez”, coa intención de reforzalo e darlle unha dimensión á altura da dimensión social e relixiosa que don Adolfo representou ó longo da súa vida para o pobo de Vilanova dos Infantes
  • Non quero rematar sen volver afirmar que estabamos abertos a tódalas propostas e suxestións que nos poidan facer chegar aquelas persoas que o desexen, de cara á conmemorar o próximo día 17 unha xornada que quede na memoria de todos nós como un acto de xustiza co que –repito- don Adolfo e a Virxe do Cristal teñen significado como elementos de identificación do noso pobo.


Celanova, a 18 de marzo de 2015

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova