Programación 2015

Razóns obvias ligadas ó profundo sentimento de pesar que teñen xerado na gran familia de Raigame a crime cometido contra Don Adolfo Enríquez Méndez (párroco de Vilanova dos Infantes) e a desaparición da pequena imaxe da Virxe do Cristal, obrígannos a transformar este ano a XIV edición de Raigame nunha xornada de homenaxe, tanto a don Adolfo como á propia Virxe do Cristal.

Queda suspendida, polo tanto, a programación tradicional da Romería e nos próximos días informaremos dos pormenores nos que consistirá o acto de homenaxe para o cal facemos unha chamada á participación de todas aquelas persoas e colectivos que ó longo destes 13 anos anteriores se teñen sentido identificados cos valores etnográficos, culturais e sociais que ven representando a romaría etnográfica Raigame.

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova