Programa de actos da XIV Romería Raigame, transformada este ano en homenaxe ó asasinado parroco de V

2015torrevilanovaXúntase o programa de actos que se desenvolverá o próximo día 17 de maio en Vilanova dos Infantes con motivo da XIV Romaría Etnográfica Raigame, que este ano de forma excepcional foi substituída por unha xornada de homenaxe á figura do párroco asasinado o pasado día 10 de marzo, don Adolfo Enríquez Méndez, así como á Virxe do Cristal.

O programa será conducido pola actriz Fina Calleja, de Sarabela Teatro, un dos grupos colaboradores habituais en Raigame e contará coa presencia do escritor orixinario de Vilanova dos Infantes, Xosé Luís Méndez Ferrín, así como coa Banda de Música de Vilanova dos Infantes, as corais Solpor e De Ruada e os danzantes de Vilanova, que executarán a danza da virxe do Cristal na honra do propio don Adolfo e da virxe.

Dende o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dende a Fundación Curros Enríquez e dende o Concello de Celanova remitiuse un escrito de solicitude de adhesión á homenaxe a tódolos colectivos e particulares que dende a fundación da romaría veñen mantendo unha relación moi próxima coa mesma, así como a tódalas fundacións de escritores de Galicia, e outros colectivos e entidades que desexen sumarse á homenaxe facendo patente a súa presencia a través dese escrito.

Así mesmo, tamén fan unha chamada ó público en xeral para que a través da páxina web www.raigame.es fagan patente a súa incorporación á homenaxe, asinando de forma persoal nesa páxina ou ben nun libro de sinaturas que estará, para ese fin, na Casa dos Poetas a partir de hoxe mesmo e que pasará a formar parte da exposición permanente sobre a Virxe do Cristal que está sendo deseñada para a última planta da torre de Vilanova.

O texto co que se convida a todo o mundo a amosar a súa adhesión á homenaxe é o seguinte:

Todos aqueles que sintan algunha vinculación coa Romaría Etnográfica Raigame, con Vilanova dos Infantes, coa Virxe do Cristal ou directamente con Don Adolfo poden amosar o seu pesar, o seu apoio ou a súa adhesión á xornada de homenaxe que terá lugar o próximo día 17 de maio en Vilanova dos Infantes

Hai que lembrar finalmente, que no transcurso do acto descubrirarse unha placa na antiga rúa da Igrexa de Vilanova que a partir do día 17 pasará a denominarse “Rúa de don Adolfo

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova