Cartel da homenaxe a D. Adolfo e á Virxe do Cristal

2015 Homenaxe a Don Adolfo e a virxe cartel programapRomaría Etnográfica Raigame 2015

Homenaxe a D. Adolfo e á Virxe do Cristal 

11.00 Misa concelebrada

  • Lugar: Altar exterior do Santuario da Nª Sª do Cristal
  • Celebran: Párrocos do arciprestado de Celanova
  • Coral Solpor de Celanova
  • Banda de Música de Vilanova

12.00 Cortexo civil ata a Praza Maior de Vilanova pola rúa da Barronca encabezada pola Banda de Música de Vilanova

12.15 Presentación dos actos da Romaría 2015

  • Intervirá como condutora do acto: Fina Calleja (Sarabela Teatro)
  • Actuación de apertura a cargo da Coral de Ruada
  • Introdución á homenaxe a cargo de Fina Calleja
  • Saúdo e declaración institucional no nome do pobo de Vilanova dos Infantes e de Celanova, José Luis Ferro (Alcalde de Celanova)
  • Lectura dos colectivos que se sumaron á homenaxe coas súas adhesións, así como de algunha relevante a cargo de Fina Calleja
  • Lectura dun manifesto de compromiso co significado, valores e o futuro da Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova a cargo do CCP Xaquín Lorenzo
  • Intervención de Xosé Luis Méndez Ferrín (O significado da Virxe do Cristal para Vilanova e para Galicia)
  • Lectura de fragmentos do poema á Virxe do Cristal de Curros pro parte de nenos en nenas de Vilanova dos Infantes dos colexiós Curros Enríquez, Sagrado Corazón e IES Celso Emilio Ferreiro, de Celanova
  • Intervención da Coral de Ruada
  • Premio Adolfo Enríquez e imposición do nome de rúa de D. Adolfo Enríquez á actual rúa da Igrexa
  • Lectura da acta pola que a organización da Romaría Raigame decide o cambio de nome do premio Xan de Barros polo de premio Don Adolfo Enríquez
  • Entrega da primeira reproducción da torre que simboliza o premio, á familia de D. Adolfo
  • Lectura da acta pola que o Concello de Celanova decide cambiar o nome da rúa da Igrexa polo de rúa de D. Adolfo Enríquez
  • Descubrimento da placa da rúa D. Adolfo Enríquez
  • Actuación da Banda de Vilanova tocando o himno galego
  • Actuación da Danza de Vilanova na honra de D. Adolfo e da Virxe do Cristal, e fin dos actos.

 

 

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova