Prazo aberto para participar na edición 2016 da Romaría Etnográfica Raigame

O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo abren o prazo para poder participar na edición 2016 de Raigame.

Este ano o evento etnográfico das letras galegas retomará as propostas do ano pasado e estará adicado ós segadores.

Tamén se celebrará que no ano 1916 acordou mudar o nome castelaniñado de "Villanueva de los Infantes", polo que se conmemorará o centenario do primeiro topónimo galeguizado oficialmente.

Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dependente da Deputación Provincial, abren o prazo para que aqueles artesáns e traballadores de oficios tradicionais que desexen participar na edición de 2016 da Romaría Etnográfica Raigame que se celebra anualmente o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes e que o ano pasado se viu truncada temporalmente polo asasinato do párroco de Vilanova, don Adolfo Enríquez, e pola desaparición da Virxe do Cristal.

O prazo permanecerá aberto ata o próximo día 19 de marzo e aqueles que desexen inscribirse deberán facelo a través da web www.raigame.es

Este ano a romaría retomará algúns aspectos que quedaron adiados o ano pasado ó acordar transformar a pasada edición exclusivamente nunha homenaxe a don Adolfo e á Virxe do Cristal, polo que estará dedicada ós segadores, estando previsto tamén que se celebre o centenario da galeguización do nome de “Villanueva de los Infantes” pasando a ser oficialmente “Vilanova”, sendo, deste xeito, probablemente o primeiro municipio galego que acordou oficialmente a galeguización do seu topónimo.

NORMAS DE INSCRIPCIÓN

1)      A Romaría Etnográfica Raigame, festa que pretende promocionar a cultura tradicional galega centrando os seus esforzos na divulgación da música, o folclore e os oficios e artesanías tradicionais, primando o aspecto pedagóxico e cultural, ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN, para a súa edición de 2016, co seguinte calendario:

·         Do 19 de febreiro ao 13 de marzo, recepción de inscricións no rexistro do Concello de Celanova.

·         Do 18 de marzo ao 28 de marzo, comunicación aos interesados da aceptación ou non da súa solicitude por parte da Organización, así como o lugar onde serán ubicados en Vilanova.

·         Do 28 de marzo ao 9 de abril, confirmación por parte dos interesados da súa participación na Romaría Etnográfica Raigame.

2)      A Organización da Romaría Etnográfica Raigame fará unha selección dos oficios/artesáns participantes entre todas as solicitudes presentadas, tendo en conta a orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova, o tipo de oficio e artesanía que representan, a súa relación coa cultura tradicional galega e o interese que teñen para a programación da Romaría Etnográfica Raigame. Así mesmo, a Organización designará un lugar e espazo para a súa colocación en Vilanova dos Infantes, acorde cos obxectivos da festa, en función do seguinte criterio:

·         Interior do burgo medieval:

o   Oficios tradicionais cuxos responsables realizan durante o día traballos demostrativos da súa actividade e teñen unha participación activa de cara ó visitante ó longo de toda a xornada

o   Establecementos dedicados ó servizo de expedición de produtos gastronómicos e bebidas tradicionais, e que estarán situados naqueles locais cedidos polos veciños e asignados pola organización

·         Exterior do burgo medieval:

o   Artesáns de bixutería, coiro, vidro, madeira, tecidos, etc., dedicados exclusivamente á exposición e venda dos seus produtos. Medidas dos postos

§  2,5X2 m na marxe esquerda da estrada de Celanova

§  2,5X1,75 m, na marxe dereita da estrada de Celanova

o   Establecementos dedicados ó servizo de expedición e venda de produtos gastronómicos e bebidas con posto propio.

3)      As solicitudes presentadas deberán indicar con total claridade e obrigatoriamente os seguintes puntos:

·         Nome comercial: (será o utilizado no material publicitario da Romaría)

·         Tipo de oficio/artesanía[1]:

·         Persoa de contacto:

·         Teléfono de contacto:

·         Correo electrónico de contacto:

·         Descrición detallada da actividade que pretende desenvolver durante a xornada.

·         Conta con local da súa propiedade en Vilanova?:

§  SI (indicar onde)

§  NON

·         Outra información que consideren pertinente (opcional).

A omisión de información marcada como obrigatoria na solicitude poderá derivar na non admisión como participante na Romaría Etnográfica Raigame.

A confirmación de participación na Romaría implica a aceptación dos principios organizativos da mesma e que se manifestan de xeito resumido no presente escrito.

Celanova, 15 de febreiro de 2016

Asdo.:

 osé Luís Ferro Iglesias

Alcalde de Celanova


[1] Alimentación (produtos tradicionais); Bixutería; Canteiro; Carpinteiro; Cesteiro; Ceramista, Coiro; Ebanista; Ferreiro; Gastronomía; Luthier; Oleiro; Panadeiro; Queixeiro; Taberna; Telleiro; Tecedeira; Téxtil; Torneiro; Zapateiro-Zoqueiro; Outro (especificar)

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova