Aberto o prazo para participar na edición 2017 da Romaría Etnográfica Raigame

O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dependente da Deputación Provincial de Ourense, abren o prazo de inscrición para poder participar na edición 2017 da Romaría Etnográfica Raigame, que se celebra anualmente o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes.

Este ano o evento das Letras Galegas estará dedicado ó Museo do Pobo Galego, coincidindo co 40 aniversario da súa fundación.

Poderán solicitar a súa inscrición aqueles artesáns e traballadores de oficios tradicionais que desexen participar como protagonistas da Romaría amosando dun xeito activo o seu oficio ou a súa actividade artesá naqueles locais ou espazos abertos que lle sexan asignados polo Concello.

O prazo permanecerá aberto ata o próximo día 10 de marzo e aqueles que desexen inscribirse deberán facelo a través da web www.raigame.es, na sección de Formulario de participación .
 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova