Historia de Vilanova dos Infantes

Trala invasión musulmana a súa estratéxica situación será privilexiada para o reino astur no control do territorio o S do miño, polo que este territorio en torno o río Arnoia podría ser considerado coma un <<limes>> fronteirizo. O Rey Alfonso III dará Vilanova e as súas terras o Duque D. Ermegildo Menendo, en pago os seus servicios na Victoria contra o Conde Vitiza. No 927 o monarca Sancho Ordóñez concederá definitivamente esta posesión al hijo de aquél, el Conde D. Gutier, su esposa Dª. Ilduara, e hijos, esccritura recollida no Tumbo de Celanova xa que se inclue tamén nela Villar, lugar no que se ubicou o mosteiro que fundou o seu fillo Rudesindo, San Rosendo.

Así pois, Vilanova é o lugar troncal da familia paterna do Santo dende o segundo tercio do século IX .

A morte do Conde Don Gutierre, vai a provocar a fundación do mosteiro de Santa María de Villanueva, obra das mulleres da súa familia , quedando oxe en pé a igrexa co mesmo nome.

No século XIII o rey D. Alfonso X, fixo trasladar o mosteiro de Santa María de Villanueva a la Villa de Allariz. Con isto pérdese a presenza monástica neste lugar. Pasou ,pois, Vilanova a depender do mosteiro de Santa María, vinculación que se mantendrá ata finais do século XIII, en tempos do Rey D. Alfonso X (1252-1284).

A presenza de dúas fillas dos Reis en Santa María de Vilanova é determinate para o primeiro cambio da denominación do burgo, pero tralo seu falecemento pasaron a ser posesión dos poderosos Infantes D. Felipe e a súa esposa, Dª Margarita de la Cerda, quenes serán enterrados en Allariz.

No século XIX, durante o mandato da Reina Gobernadora Doña. María Cristina de Borbón, Vilanova considerarase coma cabeza na primeira división municipal (1837).Permaneceu así ata o noso século, no que o desenrrolo da vila de Celanova, aconsella agregar o seu municipio o de este, trasladándose as instalación do concello o edificio manástico no 1927. A desaparición do señorío condal e, asi mesmo a do señorío monástico celanovense na comarca, provocará endiante unha polarización na centrífuga relación de todalas terras hacia Celanova. Así o reflexan as vias de comunicación, que se modificarón moy pronto para favorecela.

José Antonio Fidalgo Santamariña-Francisco Javier Limia Gardón. Editorial Auria

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova