Concursos

ConcursosOs organizadores da Romaría Etnográfica Raigame convocan anualmente un concurso que tenta promover a divulgación e investigación das nosas tradicións, así como inspirar en todos os participantes e visitantes a esta celebración o interese polo patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, da nosa terra.

Dende o ano 2009, tamén quere premiar ás persoas ou colectivos que de algún xeito se teñan significado pola súa colaboración na organización ou difusión da Romaría Etnográfica Raigame. A tal efecto, creou o premio Xan de Barros, que un xurado designado pola Organización, outorgará despois de examinar as candidaturas propostas internamente ou por medio de terceiras persoas.

Cunha selección das fotografías presentadas ao Concurso da Romaría Raigame, organízase cada ano, dentro da programación do Outono Fotográfico da Casa da Xuventude de Ourense, a exposición Estampas dunha Romaría, que se pode visitar durante o mes de Novembro na Casa dos Poetas de Celanova e no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo en Ourense.

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova