Carpinteiro

En xeral, o carpinteiro é todo aquel que traballa a madeira, pero ten moitas variantes segundo a especialización do seu traballo. O carpinteiro de taller é o máis xenérico, o que fai un pouco de todo.  O ebanista coidan máis a súa obra, rematándoa con máis coidado e finura. Traballan sobre todo facendo móbeis. O carpinteiro de armar é o que fai principalmente os tellados e os pisos das casas. O fragueiro  tiña como especialidade a construción dos carros. Hoxe, ao non se necesitaren carros, non hai fragueiros. O cubeiro dedícase á elaboración de cubas e pipotes para o viño. Só se atopan nas zonas vinícolas. O carpinteiro de ribeira é o que se dedica á construción de barcas. Hoxe aínda os atopamos na costa pero tamén os houbo mar a dentro. Outro tipo é o torneiro, especialista na elaboración de pratos para o polbo, cuncas, fontes, fusos, etc. Por último, os zoqueiros, que por traballaren con madeira tamén son unha caste de carpinteiros.

 

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova