Palilleira

Hoxe podemos atopar palilleiras en todos os sitios pero a súa orixe corresponde á área de Camariñas e os encaixes que fan levan o seu nome. Este traballo precisa moita atención e axilidade nos dedos para mover os corenta pares de palillos e máis de cen alfinetes que usan para facer os encaixes. Estes encaixes empréganse para adornar sabas, camisas, manteis, etc.

 

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova