Entrega de premios da IX Romaría Etnográfica Raigame

No documento adxunto recóllese a acta dos premiados da IX Romaría Etnográfica Raigame.

A entrega de premios terá lugar o día 15 de setembro ás 11,00 horas no salón de plenos do Concello de Celanova.

O fotógrafo Jesús García Otero, de Brión, gañou no apartado de fotografía cunha imaxe titulada “Presente e futuro”, mentres e os investigadores da Valenzá e

Ourense respectivamente, Martín Álvarez González e Fernando Valcárcel González, fixeron o mesmo no de investigación co traballo titulado “O Rianxo en Ourense”.

O xurado concedeu tamén nove accesit no apartado de fotografía que serán publicadas na revista Raigame, do Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Tódalas fotografías será montadas nunha exposición con motivo do Outono Fotográfico.

Acta de premiados

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova