* BASES DE PARTICIPACIÓN PARA A ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME
As presentes bases de participación estarán en vigor durante a presente edición da Romería Etnográfica Raigame e as seguintes mentres non sexan modificadas pola organización.
Para poder participar na Romería Etnográfica Raigame será imprescindible a aceptación das presente bases.
1. Durante o período de preinscripción aberto pola organización será imprescindible cubrir tódolos campos do formulario de participación expostos na páxina web (www.romariaraigame.es) ou a través da solicitude por escrito presentada perante o Concello de Celanova.
2. A preinscripción de participación realizada durante o período aberto pola organización non otorga a autorización para a participación senon que unha vez rematado o prazo de preinscripción será a propia organización quen decidirá en base a actividade artesanal realizada e a súa adecuación a Romería Raigame os participantes de entre tódolos preinscritos.
3. A organización comunicará a tódolos preinscritos que sexan elexidos para participar na romería a súa ubicación con suficiente tempo de antelación para que podan adaptarse o mesmo.
4. Tódolos partipantes preinscritos pero sin praza para participar quedarán inscritos nun listado de reserva.
5. A organización da Romería Etnográfica Raigame comprométese a facilitarlle de forma gratuita un local ou un espazo exterior de entre tódolos cedidos voluntariamente polos veciños de Vilanova que colaboran con eles no desenvolvemento da Romaría.
6. O artesán participante comprométese a instalarse nunhas condicións de máximo atractivo dentro das limitacións propias da actividade á que se adique, co fin de incrementar o atractivo xeral da Romaría.
7. O artesán comprométese a ataviarse, tanto el como os que colaboren con el na actividade, con vestimentas propias do oficio ou semellantes, correspondente ó tempo en que se celebraban este tipo de Romarías tradicionais.
8. O artesán comprométese, así mesmo, a instalar un pequeno posto de traballo no local ou espazo exterior, así como a realizar demostracións prácticas da súa actividade.
9. O posto de artesanía estará aberto a partir das 10,30 ata as 19:30 horas, quedando a decisión do participante a potestade de mantelo aberto durante o horario da comida establecido entre as 14 hs e as 16 hs.
10. O artesán responsabilizarase dos danos que poideran causarse no baixo ou espazo exterior cedido pola organización que sexan causados con dolo, culpa ou neglixencia imputable ó artesán/participante.
11. A organización farase responsable de tódolos aqueles danos que non estean contemplados nas claúsulas anteriores a través dun Seguro de Responsabilidade Civil e Danos suscrito ó efecto.
12. No caso de incumplimento dalgunha das cláusulas anteriores por parte dos artesáns/participantes, a organización poderá excluílos de participación nas edicións futuras.
13. A organización remitirá a cada participante unha copia das bases e da aceptación da súa preinscrición para que a tenga nun lugar visible durante a celebración da romería.
14. O artesán concede o seu permiso para poder ser recollido en imaxes, tanto fotográficas como de video ou TV, durante a celebración da Romaría.
15. As datas de inscrición serán admitidas até o 15 de marzo do presente 2010.